Saturday 11 de May de 2024

Gran actuación da canteira ordense de atletas no Campionato Galego


O Concello de Ordes felicita aos atletas locais polos bos resultados acadados no Campionato Galego de Atletismo en Pista ao Aire Libre celebrado en Ferrol (cadete e xuvenil) e en Vigo (benxamín, alevín e infantil):
Como campións galegos proclamáronse campións María Pena Ferreiro (xavelina cadete), Lara López Fernández (100 m cadete) e Martiño Caneda Pajaro (220 m vallas infantil). Os títulos de subcampións foron para Daniel Loureiro Mosquera (xavelina infantil), Alejandra Souto Vieites (triple salto infantil). O bronce foi para Samuel Fariñas (3.000 m).